==========================================================================

= = = = = = = = = = = = = = Léame de Seamonkey = = = = = = = = = = = = = = 

==========================================================================

SeaMonkey está suxeito aos termos detallados no contrato de licenza que o acompaña.

Este ficheiro Léame contén información acerca dos requisitos do sistema e instrucións de instalación para as compilacións Windows de SeaMonkey.

Para obter máis información sobre SeaMonkey, consulte http://www.seamonkey-project.org/ Para enviar erros ou outros comentarios, consulte http://www.seamonkey-project.org/dev/get-involved e verifique Bugzilla en https://bugzilla.mozilla.org/ para erros coñecer  habituais, pautas para realizar informes de erro e máis.Tamén pode obter axuda co Bugzilla apuntando o seu cliente IRC para #mozillazine en irc.mozilla.org.


==========================================================================

Obtención de SeaMonkey 

==========================================================================

Pode descargar versións periódicas de SeaMonkey desde o sitio FTP de mozilla.org en

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/nightly/ 

Para as versións máis recentes consulte

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/nightly/latest-trunk/ 

Teña en conta que as versións periódicas utilizadas para probar polos desenvolvedores de mozilla.org poden ser incorrectas.Se está a buscar unha versión máis completa de SeaMonkey, o proxecto lanza versións de SeaMonkey con regularidade para que as poida descargar desde

http://www.seamonkey-project.org/releases/ 

Lea as notas de lanzamento de SeaMonkey para obter información sobre problemas habituais e problemas de instalación con SeaMonkey.As notas de lanzamento están no URL anterior xunto coas versións.


==========================================================================

Requisitos do sistema 

==========================================================================

*Windows

- Windows 2000, XP ou Vista - Procesador Intel Pentium class (500 MHz ou o máis rápido recomendado) - 128 MB RAM - 50 MB de espazo libre no dico ríxido 


==========================================================================

Instrucións de instalación 

==========================================================================

Recoméndase que saia de todos os programas antes de executar o programa de instalación.Tamén pode desactivar temporalmente o software de detección de virus.

Instalar nun directorio limpo (novo).A instalación sobre compilacións publicadas anteriormente pode causar problemas.

Nota:Estas instrucións non explican como compilar SeaMonkey.Para obter información da compilación de SeaMonkey co código fonte de mozilla.org consulte 

http://developer.mozilla.org/en/docs/Build_Documentation 


Instrucións de instalación en Windows ------------------------------

Nota:Para instalar SeaMonkey nos sistemas 2000/XP de Windows é necesario ter privilexios de administrador.Se visualiza a mensaxe  "Erro 5" durante a instalación asegúrese de que está a executar a instalación cos privilexios de administrador.


Para instalar SeaMonkey descargando o instalador siga estes pasos: 

1. Prema a ligazón para seamonkey-x.xx. en-US.win32.installer.exe (ou un nome de ficheiro similar) no sitio desde onde está a descargar SeaMonkey para descargalo no seu computador.

2. Navegue até onde descargou o ficheiro e prema dúas veces a icona do ficheiro do instalador para iniciar o programa de instalación. 

3. Siga as instrucións que aparecen na pantalla do programa de instalación. O programa iníciase automaticamente a primeira vez.


Para instalar SeaMonkey descargando o ficheiro .zip e realizando unha instalación manual siga estes pasos: 

1. Prema a ligazón para seamonkey-x.xx. en-US.win32.zip (ou un nome de ficheiro similar) no sitio desde onde está a descargar SeaMonkey para descargalo no seu computador.

2. Navegue até onde descargou o ficheiro e prema dúas veces o ficheiro comprimido. 

Nota: Este paso implica que xa ten unha versión recente de WinZip (ou unha ferramenta zip similar) instalada e que xa sabe como utilizala.Se non for asi, pode obter WinZip e encontrar información acerca del en www.winzip.com.

3. Extraia o ficheiro .zip para un directorio como C: \Program Files\mozilla.org\SeaMonkey.

4. Para iniciar SeaMonkey, navegue até o directorio en que extraiu SeaMonkey e prema dúas veces a icona seamonkey.exe. 
