==========================================================================

= = = = = = = = = = = = = = Léame de Seamonkey = = = = = = = = = = = = = = 

==========================================================================

SeaMonkey está suxeito aos termos detallados no contrato de licenza que o acompaña.

Este ficheiro Léame contén información acerca dos requisitos do sistema e instrucións de instalación para as versións Linux de SeaMonkey.

Para obter máis información sobre SeaMonkey, consulte http://www.seamonkey-project.org/ Para enviar erros ou outros comentarios, consulte http://www.seamonkey-project.org/dev/get-involved e verifique Bugzilla en https://bugzilla.mozilla.org/ para erros coñecidos, pautas para realizar informes de erro e máis.Tamén pode obter axuda co Bugzilla apuntando o seu cliente IRC para #mozillazine en irc.mozilla.org.


==========================================================================

Obtención de SeaMonkey 

==========================================================================

Pode descargar versións periódicas de SeaMonkey desde o sitio FTP de mozilla.org en

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/nightly/ 

Para as versións máis recentes consulte

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/nightly/latest-trunk/ 

Teña en conta que as versións periódicas utilizadas para probar polos desenvolvedores de mozilla.org poden ser incorrectas. Se está a buscar unha versión máis completa de SeaMonkey, o proxecto lanza versións de SeaMonkey con regularidade para que as poida descargar desde

http://www.seamonkey-project.org/releases/ 

Lea as notas de lanzamento de SeaMonkey para obter información sobre problemas habituais e problemas de instalación con SeaMonkey. As notas de lanzamento están no URL anterior xunto coas versións.


==========================================================================

Requisitos do sistema 

==========================================================================

* Linux

   - Son necesarias as seguintes versións de biblioteca (ou compatíbeis):
     glibc 2.3.2, X.org 1.x, GTK 2.x, fontconfig, pango 1.10, libstdc++ 6.
     Instalacións Red Hat Enterprise Linux 5, Fedora Core 6, ubuntu 6.10
     ("Edgy"), Debian "Lenny" (testing) e openSUSE 10.2 (ou posterior).
   - Procesador Intel Pentium class (500 MHz ou o máis rápido recomendado) 
   - 128 MB RAM 
   - 50 MB de espazo libre no dico ríxido


==========================================================================

Instrucións de instalación 

==========================================================================

Teña en conta que as instrucións da instalación utilizan o intérprete de ordes bash. Se non está a utilizar bash axuste as ordes correspondentemente.

Instalar nun directorio limpo (novo).
A instalación sobre compilacións publicadas anteriormente pode causar problemas.

Nota: Estas instrucións non explican como compilar SeaMonkey.
Para obter información da compilación de SeaMonkey co código fonte de mozilla.org consulte 

   http://developer.mozilla.org/en/docs/Build_Documentation 


Instrucións de instalación -------------------------------

   Nota: Non hai ningún instalador dipoñíbel, mais só descomprimindo tar.bz2
   no directorio predefinido (normalmente /usr/local/seamonkey) obtén o mesmo
   resultado que tería co instalador.

   Para instalar SeaMonkey descargando o ficheiro tar.bz2: 

   1. Cree un directorio chamado "seamonkey" (mkdir seamonkey) e entre nel
   (cd seamonkey). 

   2. Prema a ligazón no sitio desde onde está a descargar SeaMonkey para
   descargar o ficheiro (seamonkey*.tar.bz2) do paquete no directorio de
   seamonkey. 

   3. Entre no directorio de seamonkey (cd seamonkey) e descomprima o
   ficheiro coa seguinte orde: 

        tar jxvf sea*.tar.bz2 

   Isto crea un directorio "seamonkey" no seu directorio de seamonkey. 

   4. Entre no directorio de seamonkey (cd seamonkey). 

   5. Execute SeaMonkey co seguinte script de execución: 

     ./seamonkey 


   Para engadir SeaMonkey nunha icona do panel de GNOME siga estes pasos: 

   1. Prema o botón do menú principal de GNOME, abra o menú Panel e, a
   seguir, abra o submenú do panel Engadir e seleccione Iniciador. 

   2. Prema co botón secundario do rato a icona de SeaMonkey no Panel e
   introduza a seguinte orde: 

     directory_name./seamonkey 

   onde directory_name é o nome do directorio en que descargou SeaMonkey.
   Por exemplo, o directorio predefinido que suxire SeaMonkey é
   /usr/local/seamonkey.

   3. Introduza un nome para a icona e o comentario que desexe. 

   4. Prema o botón da icona e introduza a seguinte localización da icona: 

        directory_name/chrome/icons/default/default.xpm 

   onde directory_name é o directorio en que instalou SeaMonkey.
   Por exemplo, o directorio predefinido é
   /usr/local/seamonkey/chrome/icons/default/default.xpm.
